Cromosoma 11 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 11 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 11 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 135,086,622 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 1,224 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Submetacéntrico[3] (53.4 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 11 |
Entrez | Cromosoma 11 |
NCBI | Cromosoma 11 |
UCSC | Cromosoma 11 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000011 (FASTA) |
GenBank | CM000673 (FASTA) |
O cromosoma 11 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas céluas diploides temos dúas copias deste cromosoma e nas haploides unha. Pola posición do seu centrómero este cromosoma autosómico é submetacéntrico. O cromosoma 11 contén uns 134,5 millóns de pares de bases, o que representa entre o 4 e o 4,5 % do total de ADN da célula. É un dos cromosomas humanos con máis riqueza de xenes e de enfermidades asociadas.
A identificación de xenes nun cromosoma é unha activa área de investigación xenética na que poden utilizarse varios métodos, polo que as cifras totais de xenes estimados nun cromosoma poden variar segundo o método. Estímase que o cromosoma 11 contén probablemente entre 1.300 e 1.700 xenes.
Un estudo recente [5] indica que contén uns 11,6 xenes por megabase, incluíndo 1.524 xenes codificantes de proteínas e 765 pseudoxenes.
Máis do 40% dos 856 xenes dos receptores olfactivos no xenoma humano están localizados en 28 agrupamentos (clusters) multixénicos e dun só xene neste cromosoma.